Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Bases de datos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Técnica mediante a que debe resolverse unha situación problemática concreta, a partires dos coñecementos traballados, que pode ter máis dunha solución. 10
Outras Probas obxectivas que poden combinar preguntas curtas, preguntas tipo test, preguntas de desenvolvemento e exercicios de carácter teórico.Terán caracter individual e celebraranse nos grupos grandes e/ou grupos de prácticas. Están enfocadas a avaliar os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. 40
Outras Probas obxectivas con exercicios de carácter práctico. Terá carácter individual e poderán celebrarse nos grupos grandes e/ou grupos de prácticas. Están enfocadas a avaliar os coñecementos adquiridos nas clases de prácticas 40
Outras Resolución de cuestións e problemas prantexados na aula ou no laboratorio. Participación e asistencia do alumno nas clases. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.1. Criterios de avaliación para ASISTENTES

AVALIACIÓN DE TEORÍA e PRÁCTICAS

Realización de probas ao longo do curso que recollerán contidos teórico-prácticos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula e laboratorio

Para a liberación da materia o alumno deberá cumprir as seguintes condicións:

  1. Alcanzar un mínimo de 3.5 puntos (sobre 10) en cada unha das probas obxectivas.
  2. A media das cualificacións das probas debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).

A cualificación total desta parte será o 80% da cualificación total.

Observacións:

  1. Avisarase da data de celebración das probas obxectivas cunha antelación mínima de dúas semanas. O aviso publicarase na ferramenta http://faitic.uvigo.es.
  2. En caso de superar únicamente unha das partes (avaliación teórica ou práctica), gardarase esa nota ata a segunda opción (xullo 2012).
  3. A realización dunha das probas obxectivas suporá a consumición da convocatoria ordinaria oficial da materia.
  4. As cualificacións provisionais poderán consultarse vía web a través da ferramenta http://faitic.uvigo.es.

1.2.- Criterios de avaliación para NON ASISTENTES

AVALIACIÓN DE TEORÍA

Proba obxectiva realizada na convocatoria oficial de exames (xullo). Esta proba constará dunha serie de preguntas de tipo test, curtas e exercicios. A cualificación obtida suporá o 50% da cualificación final, sempre que ésta sexa igual o superior a 5.

AVALIACIÓN DE PRÁCTICAS

Proba obxectiva realizada na convocatoria oficial de exames (xullo).
Esta proba constará de varios exercicios sobre o modelo MERE e consultas SQL. A cualificación obtida suporá o 50% da cualificación final, sempre que ésta sexa igual o superior a 5.

Observacións:

  1. A asistencia a algunha das avaliacións (teórica e/ou prácticas) suporá a consumición da convocatoria oficial da materia.
  2. As cualificacións provisionais poderán consultarse vía web a través da ferramenta http://faitic.uvigo.es.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000