Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Arquitecturas paralelas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Tres probas parciales sobre os contidos das prácticas de laboratorio. 25
Traballos tutelados Entrega dun proxecto individual de deseño de un problema de natureza paralela 25
Probas de tipo test Exame sobre os contidos teóricos e prácticos do programa da materia ao nivel desenvolvido en clase. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación para os alumnos asistentes na primeira convocatoria será:

  1. Realizaranse 3 probas parciais sobre o contido de prácticas ao longo do cuatrimestre. Cada unha destas 3 probas será un terzo da nota de prácticas de laboratorio, (25/3)%.
  2. O traballo consistirá nun programa que desenvolva algún algoritmo ou problema que requira unha solución con paralelismo.
  3. No exame tipo test desenvolveranse os contidos teóricos.

A avaliación para os alumnos non asistentes na primeira e segunda convocatoria será unha única proba con respostas tipo test, curtas, longas e de desenvolvemento. As preguntas estarán relacionadas tanto coas clases maxistraies como coa práctica. Esta proba será o 100% da nota final.

A avaliación para os alumnos asistentes na segunda convocatoria será unha destas dúas:

  1. Si desexan conservar a nota de prácticas e de traballo, será un exame tipo test onde se desenvolverán os contidos teóricos. O exame puntuará o 50% da nota.
  2. Si non desexan conservar a nota de prácticas e do traballo, será un exame igual ao dos non presenciaies. Puntuará o 100% da nota.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000