Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Enxeñaría do software I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Analizaranse os resultados obtidos nas dúas entregas do caso práctico plantexado..
Cada unha das entregas (individuais ou en grupo) avaliarase individualmente e a media de todas elas constituirá a cualificación final neste apartado.
50
Probas de tipo test Nestas probas avaliarase a asimilación dos contidos teóricos da materia. A media das probas realizadas constituirá a cualificación final deste apartado.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario aprobar tanto a parte práctica (caso práctico) como a teórica (probas tipo test) para aprobar a materia. Se algunha das partes está suspensa o alumno poderá optar por presentarse a un exame escrito, so desa parte, ao remate do curso (semanas destinadas á avaliación), similar ao que se indica para os NON ASISTENTES.

A avaliación anterior aplicarase aos alumnos asistentes ao menso ao 75% das clases (presenciais).

Para o caso de alumnos NON ASISTENTES, a materia avaliarase cun único exame escrito a realizar durante o período de avaliación (dúas últimas semanas do curso), e que representará o 70% da cualificación da materia. O 30% consistirá nun traballo escrito. Os alumnos NON ASISTENTES deberán reunirse co profesor responsable para axustar as entregas periódicas e formación de grupos. A entrega do traballo será requisito indispensable para presentarse ao exame escrito. Será necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5, tanto no exame escrito coma no traballo para superar a materia.

Proceso de avaliación para alumnos de XULLO: serán avaliados cun único exame presencial; para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000