Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Algoritmos e estruturas de datos II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que se formulan problemas/exercicios relacionados cos contidos da materia e o alumno debe resolver de forma individual. 50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica na que se aplican os coñecementos adquiridos na materia para resolver problemas concretos. Desenvólvense a través das TIC, empregando a linguaxe Java e de maneira individual/grupal. 40
Traballos e proxectos Entrega de actividades propostas tanto nas sesión maxistrais como nas prácticas de laboratorio, tendo que entregar como mínimo o 90% das actividades. 10
Outras Horas fora do periodo lectivo, de dedicación do alumnado para a preparación da materia(soamente si é necesario) 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPCIÓN XUÑO (Asistentes e non asistentes)


Cualificación final = 1  + 0.40 * (nota media das probas prácticas) + 0.50 (nota media de resolución individual de exercicios)


O primerio punto obtense pola entrega de como mínimo o 90% das actividades propostas.


Ademais, para aplicar estas porcentaxes é necesario que o alumno obteña como mínimo un 4 nas seguintes probas:


- probas prácticas


- resolución individual de exercicios.


Para superar a materia a cualificación final debe ser igual ou superior a 5.


OPCION XULLO


Cualificación final = nota de exercicios resoltos co ordenador


Para superar a materia a cualificación final debe ser igual ou superior a 5.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000