Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Informática: Arquitectura de computadoras I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test 3 probas parciais sobre os contidos teóricos e prácticos do programa da materia ao nivel desenvolvido en clase. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Realizaranse 3 probas parciais ao
longo do cuadrimestre, coas que se pretende comprobar se o alumno vai acadando
as competencias básicas desta materia. Cada unha destas 3 probas será un terzo
da nota final. Será obrigatorio que o alumno se presente a todas as probas
parciais, e ademais que en cada proba obteña unha nota igual ou superior a 3.5
sobre 10, para que esta nota sexa tida en conta na nota final.

A avaliación para os alumnos non
asistentes na primeira convocatoria será unha única proba con respostas curtas,
longas e de desenvolvemento. Esta proba será o 100% da nota final.

Os alumnos asistentes suspensos
nas probas de tipo test, poderanse presentar á proba dos non asistentes da
primeira convocatoria. Esta proba será o 100% da nota final. En ningún caso se
liberará materia por ter un parcial aprobado.

A avaliación para os alumnos
asistentes e non asistentes na segunda convocatoria, será unha única proba con
respostas curtas, longas e de desenvolvemento. Esta proba será o 100% da nota
final. En ningún caso se liberará materia por ter un parcial aprobado.

En todos os casos, non se
liberará materia por ter algunha parte aprobada nun curso pasado.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000