Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Análise matemática
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha colección de problemas básicos de cada lección. 10
Seminarios Aprendizaxe baseada en proxectos: realización dun traballo sobre aplicacións na informática da Análise Matemática. 10
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios con axuda do software matemático MAXIMA. 15
Probas de resposta curta Realización dunha proba de coñecementos cun cuestionario ao final de cada tema. 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba ó finalizar o semestre na que se recollerán os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia regular a clases valorarase cun 5%.

Avaliación para non asistentes:

1. Avaliación teórico-práctica (75%). Proba teórico-práctica e proba de resolución de exercicios prácticos.

2. Avaliación de prácticas de laboratorio (15%). Proba sobre un tema tratado no laboratorio.

3. Realización de seminarios (10%). Exposición oral e presentación escrita sobre un traballo que se asignase.

Evaluación en xullo:

Os alumnos que non acaden a puntuación de 5 sobre 10 na primeira convocatoria deberán repetir, polo menos, as actividades de avaliación cuxa correcta realización lles permita superar a materia.

• O peso de cada unha destas actividades na cualificación total será o mesmo que na primeira convocatoria.

• Manterase a cualificación (primeira convocatoria) das actividades de avaliación que non se repitan.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000