Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha colección de problemas básicos de cada lección.
10
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios con axuda do software matemático MAXIMA. 15
Seminarios Aprendizaxe baseada en proxectos: realización dun traballo sobre aplicacións na informática da Álxebra Lineal. 10
Outros Actividades de recuperación para aquel alumnado que non superara a materia na primeira oportunidade. 0
Probas de resposta curta Realización dunha proba de coñecementos cun cuestionario ó final de cada bloque. 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba o finalizar o semestre na que se recolleran os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia regular a clases valorarase cun 5%.

Avaliación para non asistentes:

1. Avaliación teórico-práctica (75%). Proba teórico-práctica e proba de resolución de exercicios prácticos.

2. Avaliación de prácticas de laboratorio (15%). Proba sobre un tema tratado no laboratorio.

3. Realización de seminarios (10%). Exposición oral e presentación escrita sobre un traballo que se asignase.


Evaluación en xullo:

Os alumnos que non acaden a puntuación de 5 sobre 10 na primeira convocatoria deberán repetir, polo menos, as actividades de avaliación cuxa correcta realización lles permita superar a materia.

• O peso de cada unha destas actividades na cualificación total será o mesmo que na primeira convocatoria.

• Manterase a cualificación (primeira convocatoria) das actividades de avaliación que non se repitan.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000