A materia procura abordar como o desenvolvemento tecnolóxico e as novas formas de acceder á información e realizar comunicación están configurando un novo escenario para a investigación científica e, en concreto, para a investigación educativa. Así, abordaranse as principais utilidades das TIC, se ejemplificará o seu uso e manexaranse como apoio ao proceso de investigación tanto na procura como na xestión e codificación da información.