Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Traballo fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase na elaboración do TFM que se siga a estructura recomendada para cada tipo de traballo (elaboración de programas, estudos de caso, perfil de usuarios ou avaliación de programas), así como os criterios de calidade que se lle entregarán ao alumnado. Ademáis dos criterios mencionados, teráse en conta a calidade da defensa oral do TFM. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación do TFM realizarase en primeira instancia polo titor académico, que dará “o seu visto e prace” (APTO-NON APTO), para proceder á súa defensa pública oral ante un tribunal constituído por tres profesores/as do Máster. O tribunal emitirá unha puntuación entre 5-10 puntos. Os alumnos solicitarán na Secretaría do Máster a presentación e avaliación do TFG co visto e prace do seu respectivo titor académico. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión Académica, deberá ir acompañada da versión escrita do TFG por cuadriplicado.



Teranse en conta os seguintes criterios de avaliación:


 

























 


 


MEMORIA/INFORME DO TRABALLO FIN DE MÁSTER


·        Relevancia/Interese profesional do tema abordado


·        Estrutura do traballo


·        Nivel de profundización na temática


·        Viabilidade da proposta


·        Discurso personalizado, orixinalidade e capacidade crítica


·        Aspectos formais (citas bibliográficas, táboas, figuras)


CALIDADE DA PRESENTACIÓN ORAL DO TRABALLO ANTE O TRIBUNAL


·        Estruturación do discurso


·        Claridade expositiva e capacidade de comunicación


·        Uso adecuado de recursos audiovisuais para apoiar o discurso


 




Extensión do traballo entre 50-100 páxinas con letra tipo Times New Roman tamaño 12 a 1,5 espacios. Exposición do traballo ante un tribunal, nas datas que se sinalen a tal efecto.

A presentación do TFM conta con dúas convocatorias, a de xuño e a de xullo.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000