Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Traballo fin de Máster
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras
A3 Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación
A4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que implicaren melloras de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diversos tipos de audiencias
A6 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
A10 Planificar e organizar traballos tutelados,sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado
B2 Coñecer e analizar as situacións reais de diversidade que se poden ver reflectidas nos contextos educativos, tanto formais como non formais, empregando procesos sistemáticos de indagación
B3 Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de seren transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de seren aplicables a situacións novas e emerxentes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000