Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Practicum
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
-Adquirir unha formación práctica de carácter multidisciplinar en contextos profesionais reais, con énfase nos aspectos relacionados coa diversidade en xeral ou con algunha das diversidades contempladas nos módulos específicos do máster
saber
saber facer
A3
A8
A12
- Establecer un contacto directo con experiencias profesionais innovadoras relacionadas coa diversidade, analizando as posibilidades de ser transferidas a outros contextos laborais emerxentes
saber facer
A15
B3
-Favorecer a adquisición de destrezas relacionadas co deseño e posta en práctica de programas de intervención, sendo conscientes das implicacións éticas derivadas das decisións profesionais
saber facer
Saber estar / ser
A2
A16
B5
- Coñecer a estrutura e finalidades dos servizos ou institucións nos que se realicen as prácticas, así como analizar a documentación básica na que se sustente a actividade do servizo ou institución, tanto informes, programas como marco lexislativo, fixándose especialmente no relativo á diversidade
saber
A8
A9
- Desenvolver actividades de observación sistemática das actuacións dos profesionais e colaborar cos profesionais da institución ou servizo no que eles consideren pertinente
saber facer
A7
-Deseñar e, se é posible, poñer en práctica algunha proposta de intervención específica de inclusión e normalización da diversidade
saber facer
A2
A5
-Deseñar un perfil profesional que inclúa actuacións relacionadas coa diversidade, perfís relacionados especialmente con novos xacementos de emprego
saber facer
A3
B5
-Utilizar as novas tecnoloxías da información e a comunicación adaptadas ao contexto laboral do practicum
saber facer
A6
-Adquirir habilidades de comunicación e traballo colaborativo con profesionais de diferente formación e responsabilidades
saber facer
Saber estar / ser
A18
-Adquirir condutas de respecto e axuda, en especial cara aquelas persoas ou colectivos que estean en risco de exclusión social ou de marxinación
Saber estar / ser
A16
B5
-Ser capaz de elaborar unha memoria que reflicta as aprendizaxes máis importantes adquiridas no practicum, seguindo a estrutura recomendada polo titor ou titora do máster
saber facer
A3
A10
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000