Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Xénero e Educación
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras
A3 Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación
A8 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
A12 Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais
A13 Ser conscientes de que no ámbito educativo se toman continuamente decisións relacionadas co tratamento da diversidade, sendo necesario sacar á luz as ideas/teorías nas que se fundamentan esas decisións, tanto as persoais como as institucionais e colectivas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000