Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Desenvolvemento Comunitario e Compensación das Desigualdades
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras
A3 Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación
A4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que implicaren melloras de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diversos tipos de audiencias
A5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
A6 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
A8 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
A11 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
A12 Relacionar os contidos do mestrado coa experiencia persoal e con situacións educativas reais
A15 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
A16 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000