Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismos en Contextos Escolares
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as colaboracións innovadoras
A3 Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial de aquelas que posúen un alto grao de innovación
A5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
A6 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
A9 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
A16 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
A17 Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas
A18 Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de Opinións
B1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teórico-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas
B3 Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa diversidade, valorando o seu interese e as posibilidades de seren transferidas a outros contextos profesionais semellantes, así como de seren aplicables a situacións novas e emerxentes
B4 Favorecer a adquisición dos coñecementos e destrezas axeitadas para o deseño, posta en práctica e avaliación de propostas de intervención no ámbito da diversidade, ofrecendo novas iniciativas na resolución dos problemas
B5 Adquirir un compromiso ético no desenvolvemento da profesión, especialmente no referido ao apoio dos colectivos e sectores sociais discriminados e menos favorecidos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000