Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Ambientes Socio-educativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición ao alumnado da información básica sobre os contidos da materia e/ou directrices sobre os traballos, exercicios ou proxectos a desenvolver polos discentes de forma individual ou colectiva
Seminarios Convite a persoas con experiencia práctica. Reflexión sobre a súa actuación profesional e o labor que desenvolve a entidade na que traballa
Presentacións/exposicións Presentación dos resultados en pequeno grupo (previa presentación escrita) e debate e selección de propostas en gran grupo sobre aspectos relevantes da materia (con consignas previas do profesor) mediante o uso do póster
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Outros Participación nas actividades de módulo
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a tomar contacto co alumnado e presentar a materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000