Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Ambientes Socio-educativos
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Reforzar a capacidade de saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas en contextos amplos e interdisciplinarios mediante, entre outras metodoloxías, estratexias de aprendizaxe cooperativa e de aprendizaxe baseada en problemas/casos/proxectos.
saber facer
A7
A12
B4
2. Desenvolver representacións e actitudes positivas cara as diferentes linguas e culturas
Saber estar / ser
A15
B4
3. Analizar e avaliar os diferentes modelos de xestión da diversidade lingüística e cultural
saber facer
A3
A4
A8
B1
B4
4. Promover movementos, asociacións e entidades de educación no ocio e no tempo libre que estimulen a presenza e a participación de crianzas, mozos e mozas inmigrantes e retornados para codefinir e coconstruir un mundo de todos desde o diálogo libre de imposicións
Saber estar / ser
A15
A18
B4
5. Deseñar programas e/ou actividades e materiais de uso por asociacións de atención a colectivos culturalmente diversos, para favorecer a normalización da convivencia de diferentes culturas
saber facer
A2
A5
B4
6. Analizar e valorar prácticas educativas innovadoras relacionadas coa normalización da convivencia no ámbito local
saber facer
A2
A3
B4
7. Identificar os servizos socio-comunitarios e as súas actividades profesionais que se ofrecen a inmigrantes individual ou colectivamente
saber
A9
B2
8. Levar a cabo actividades de planificación e avaliación de iniciativas interculturais, empregando metodoloxías que favorezan o traballo colaborativo entre alumnado, profesionais e con asociacións de inmigrantes
saber facer
A14
A17
A18
B4
9. Ser capaz de valorar positivamente os sistemas culturais minoritarios, incluído o propio que, paradóxicamente, se pode considerar minoritario no propio territorio, por baixa autoestima e carencia dunha política de posta en valor dos valores culturais galegos e os relacionados coas colectividades xeográficamente próximas
Saber estar / ser
A11
A16
B5
10. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos xeográficos ó seu traballo no campo do interculturalismo
saber
A2
A3
B4
11. Boa vontade para ser consciente do impacto dos seus propios estilos de vida sobre os seus contextos sociais local e xeral
Saber estar / ser
A11
A13
A15
B5
12. Proporcionar os recursos necesarios para potenciar a súa capacidade reflexiva e para adoptar unha actitude responsábel, respectuosa e cooperativa no traballo con persoas e grupos de inmigrantes
Saber estar / ser
A15
A18
B5
13. Coñecer os diferentes enfoques teóricos e análises da realidade da convivencia entre colectivos con diferenzas lingüísticas e culturais
saber
A1
B1
14. Reflexionar sobre os contributos a Psicoloxía Social pode ofrecer como ferramenta explicativa á hora de dar conta dos procesos que rixen a conduta interpersoal e intergrupal.
saber
A2
A3
B1
15. Contribuír á educación intercultural profundizando no coñecemento dos fenómenos subxacentes ao desenvolvemento de prexuízos e de actitudes e comportamentos discriminativos fronte ás persoas diferentes
saber
A1
A11
B1
16. Lograr competencias para manexar eficazmente os conflitos intergrupais xurdidos no ámbito da multiculturalidade e para promover actitudes cooperativas previndo e/ou reducindo os prexuízos.
saber facer
A3
A12
A17
A18
B4
17. Saber interpretar críticamente os mecanismos (latentes ou manifestos, conscientes ou inconscientes) mediante os que a cultura ou os colectivos dominantes continúan a manter minorizados a grupos lingüísticos, étnicos, socioculturais...
saber
A13
A14
B2
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000