Código |
Descrición |
A7 |
Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención |
A9 |
Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención |
A12 |
Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o fornecemento de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas co fin de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente a respecto da confianza, a proximidade, a afectividade, as relacións igualitarias, o respecto á diversidade cultural, etc |
A15 |
Traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran o devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos |
A21 |
Establecer e actuar para a resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza da mesma |
A23 |
Administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo |
A28 |
Investigar, analizar, avaliar e utilizar o coñecemento actual das mellores prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo |
A29 |
Traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando coñecementos e técnicas profesionais como medio para xustificar decisións, reflexionando criticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio para mellorar e avaliar o exercicio profesional |
A30 |
Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B8 |
Capacidade de xestión da información |
B11 |
Traballo en e con equipos diversos |
B17 |
Compromiso ético |
B23 |
Motivación pola calidade |