Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Prácticas externas: Practicum Código O05G220V01701
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
30 OB 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos Ter superados os créditos correspondentes as materias que no plan de estudos se establecen como obrigatorias para poder matricular esta materia
Departamento
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral O Prácticum é unha materia de carácter obrigatorio, do primeiro semestre do cuarto curso da titulación. Consta de 30 créditos ECTS, equivalentes a 750 horas, das que 450-525 asígnanse ás prácticas en institucións externas (en función dos horarios da institución externa). As restantes computaranse nas actividades de: seminarios de iniciación previos ó inicio das horas en institucións, entidades e empresas externas; sesións de titorización e seguemento do alumnado durante o proceso de realización do Prácticum, procedementos de avaliación das competencias adquiridas, así como o traballo autónomo do alumnado necesario para garantir todos os aspectos anteriores.
O prácticum insertase no módulo E do Plan de estudos: Prácticum e Traballo Fin de Carreira e dentro deste na materia que ten a mesma denominación.

O prácticum é un conxunto de actividades orientadas a unha aprendizaxe baseada na acción e a experiencia, e a permitir a apropiación de destrezas e coñecementos, que permite aos estudantes, entre outras actividades, descobrir, analizar e comprender o contexto e os procesos de intervención social na compaña dun/ha traballador/a social experimentado/a no seu propio contexto organizativo. O prácticum desenvólvese en servizos e entidades desde os que se prestan servizos de traballo social e que son recoñecidos como centros colaboradores para a formación en prácticas polas universidades mediante convenios. Inclúe dous elementos: a supervisión, realizada por titores/as académicos profesores/as da universidade, e a tutela profesional, realizada polos traballadores/as sociais das institucións colaboradoras.
Ditas materias constan no plan de estudos e no normativa do Prácticum: Para poder cursar o Prácticum, o alumnado deberá de ter superadas as seguintes materias, tal e como consta no Plano de Estudios vixente: -Habilidades, instrumentos e técnicas en Traballo Social -Traballo Social individual e familiar -Servizos Sociais Especializados I -Proceso de Planificación en Traballo Social -Organización dos Servizos Sociais -Ética e Traballo Social -Conceptos, Teorías e Métodos en Traballo Social -Traballo Social Grupal e Comunitario -Servizos Sociais Especializados II -Xestión de Organizacións de benestar social
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000