Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación na sesión. Valorarase de xeito especial as intervencións do alumno/a en clase, a súa expresión oral, nivel de coñecemento adquirido e asistencia regular a clase.
Na sesión maxistral farase unha introdución de cada un dos temas do programa ou desenvolvemento dunha parte do mesmo por parte da profesora.
5
Seminarios Asistencia, participación e entrega da documentación requirida en cada un dos seminarios programados ao longo do curso (en horario de grupo mediano). 10
Titoría en grupo Asistencia e participación nas entrevistas que o/a estudante mantén coa profesora da materia para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. 10
Presentacións/exposicións Expoñer o traballo ao resto de compañeiras/os (con medios audiovisuais).
Defender publicamente o eu traballo, é dicir, debe responder as preguntas e as críticas dos seus compañeiros e compañeiras, e da docente. Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas cos que se topou durante a elaboración do traballo.
5
Prácticas autónomas a través de TIC Conexión o Programa TEMA http://faitic.uvigo.es/ para a realización das actividades propostas (exercicios, foros, entrega e recepción de documentos, etc.) así como seguimento da materia en xeral. 5
Traballos e proxectos Realización e entrega por escrito do traballo a partir do guión proporcionado pola docente. 5
Probas de tipo test A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Un primeiro bloque composto por 30 preguntas tipo test. O valor deste bloque ascenderá a 4 puntos. O segundo bloque, véxase probas de resposta curta. 40
Probas de resposta curta A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Para o primeiro bloque véxase probas de tipo test. O segundo bloque responderá a dous o tres preguntas de desenvolvemento. O valor deste bloque ascenderá a 2 puntos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da/os estudantes matriculadas/os en a materia farase atendendo aos criterios explicitados nesta guía.

a) Avaliación asistentes

Esta modalidade implica:


  • Asistencia (mínimo un 80%) e participación activa (sesión maxistral, seminarios e tutorías) (1,5 puntos).
  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA. http://faitic.uvigo.é/ (0,5 puntos).
  • Exposición dun traballo que deberán entregar por escrito (2 puntos). Entregarase documentación con pautas e prazos para realización do traballo.
  • Realización dun exame escrito. Modelo A (6 puntos).

A/os alumna/os que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. O cumprimento e superación desta modalidade exime ao estudante de responder ás preguntas relativas á parte non asistencial no exame final do curso. A cualificación obtida no apartado práctico desta modalidade asistencial será sumada posteriormente á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria (*). 

b) Avaliación non asistentes


  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA http://faitic.uvigo.é/. Estableceranse prazos de entrega (1 punto) (*). 
  •  Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo de curso deixarase na plataforma TEMA a documentación coa relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega
  •  Realización dun exame escrito (6 puntos). Responder ás preguntas específicas sobre as lecturas no exame (2 puntos).

A/os alumna/os que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso.

* As
actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre
poderán ser
recuperadas na convocatoria de xullo
. Non se gardarán notas dun curso a outro.

La 1ª convocatoria, en el caso de no superar la materia, no consta en el expediente académico. La cualificación se hace efectiva en la convocatoria de julio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000