Psicoloxía: Métodos e técnicas de investigación social
Código
O05G220V01403
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
2
1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento
Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Domínguez Alonso, José
Correo-e
jdalonso@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Alonso, José
Web
Descrición xeral
A materia, de carácter obrigatorio incluída no módulo do título de grao denominado “O Traballo Social, conceptos, modelos, teoría e aplicación”, está destinada a proporcionar ao alumnado os criterios, os métodos e as técnicas propias da investigación científica no campo do traballador social. Ten como obxectivo global achegar a intervención profesional á práctica diaria, coñecendo e analizando o seu concepto tanto clásico como desde unha perspectiva crítica. Para operar de maneira científica na profesión do Traballo Social é imprescindible que os alumnos coñezan, manexen e analicen as diferentes perspectivas teórico-metodolóxicas da disciplina para garantir unha axeitada intervención. Sen cuestionar que calquera metodoloxía empregada debe estar en consoancia có respecto os Dereitos Humanos, é vital comprender a necesidade da rigorosidade en todos os procesos inmersos na investigación.
PSICOLOXÍA. MÉTODOS E TÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN SOCIAL é unha materia básica na titulación de Grado de Traballo Social que consta de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo curso durante o primeiro cuadrimestre. Con ela introdúcese, no ámbito académico curricular da Titulación de Grado en Traballo Social, á presentación sistemática de contidos – metodoloxías, métodos, técnicas, procedementos e recursos - relacionados con investigación social nos distintos contextos e ámbitos do Traballo Social. As materias de Estatística: Estatística aplicada ás Ciencias Sociais e Psicoloxía: Métodos e Técnicas de Investigación Social compleméntanse para responder a esta finalidade.