Probas de tipo test |
Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos através de clases maxistrais. Constará de 40 preguntas con dúas alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira. O sistema de correción será de acertos menos erros, estando o corte do aprobado en 18 para a modalidade presencial.
Para a modalidade non presencial o aprobado estará en 24. |
50
80 |
Haberá duas modalidades de avaliación:
MODALIDADE DE AVALIACIÓN PARA ESTUDANTES ASISTENTES: Terán a consideración de asistentes aqueles alumnos que asistan a un 80% das clases prácticas e teoóricas, si superan as non asistencias pasarán automáticamente a modalidade non asistente. Para aprobar a asinatura deberan ter aprobada a parte teórica e o examen práctico.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES: Exame teórico de todolos contidos da materia, e traballo práctico. Para aprobar a asinatura deberán ter aprobado o exame teórico e o traballo práctico.
Convocatorias seguintes
As competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. |