Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación da realización de actividades de aula relacionadas cas sesións maxistrais, mediante probas que combinen preguntas de resposta curta con preguntas tipo test. Débese acadar un nivel medio como mínimo para sumar a puntuación dos outros apartados. 40
Seminarios Avaliación de actitividades prácticas de aula mediante informes/memorias que impliquen a descripción da actividade realizada na aula e reflexión sobre a súa vinculación coa materia e titulación 15
Titoría en grupo Proceso de avaliación continua da implicación e seguimento das tarefas planificadas para o grupo, combinando a avaliación da aportación individual e grupal. 15
Traballos tutelados
Avaliación do traballo monográfico relacionado coa materia que o/a estudante/a realiza de maneira autónoma en pequeno grupo, de xeito cooperativo e baixo a supervisión do profesor. Ademáis da estructura e contido se avaliará a presentación do traballo ou proxecto.
O traballo inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e presentación, manexo das TIC e a Plataforma TEMA .
A presentación dos traballos faraa cada grupo diante dos demáis grupos en horario reservado para as últimas sesións.
20
Presentacións/exposicións
A avaliación das exposicións súmase aos traballos tutelados, dos que forma parte, e terase en conta a relevancia dos contidos tratados, a coherencia, claridade e atractivo da exposición.
Farase avaliación e coavaliación desas presentacións.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Alumnado Non Presencial
que non poida seguir actividades de aula de xeito regular : Examen que
combina preguntas de tipo test con preguntas curtas (70% máximo da calificación) e un
traballo teórico-práctico opcional (30% máximo da calificación).Para facer media entre ambos haberá que alcanzar un nivel mínimo medio no exame.

Enténdese por alumnado non presencial aquel que non pode asistir ao menos ao 70% das sesións teóricas e prácticas. O alumnado que comence como presencial e non chegue a este nivel de asistencia, automáticamente pasará a non presencial.

Segunda Convocatoria (Xullo): se
conservarán as calificacións das competencias e probas superadas para a
Convocatoria de Xullo, na que se examinará o alumnado só das
competencias e probas non superadas previamente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000