Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Fundamentos dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase o traballo do estudo das necesidades, así como a súa presentación e exposición. Ata 20
Cartafol/dossier O alumnado deberá presentar un caderno-dosier do traballo realizado, persoal ou en grupo, referido ás actividades teórico-prácticas desenvolvidas dentro dos apartados do traballo na aula, estudo de casos e seminarios.
Algúns destes traballos realizaranse de xeito individual na aula para a súa posterior cualificación dentro do proceso de avaliación contínua.
Ata 40
Probas de tipo test Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos a través das clases maxistrais e dos seminarios. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta das cales só unha é verdadeira. O sistema de corrección será de acertos menos errores/2 (A-E/2), estando o corte do aprobado en 20 respostas correctas. Ata 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular

 Como  pode observarse, a planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do alumnado nas clases teóricas e nas actividades prácticas a desenvolver ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Sendo así, considéranse estudantes con asistencia regular os que acudan a un mínimo do 80% das clases teóricas, clases prácticas e titorizacións en aula (grande, mediano e pequeno grupo). A asistencia medirase mediante listaxes de asistencia diarios. Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do alumnado; o avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos coñecementos e nos exercicios e actividades ben realizados así como na participación activa nas clases. Se o estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar achegado), terá que optar pola segunda modalidade de avaliación.

A avaliación dos coñecementos teóricos farase a través do exame teórico da materia (convocatoria oficial). As actividades prácticas iranse presentando segundo os prazos que se determinen previamente na aula. Ademais, como indicador de avaliación continua poderanse realizar probas-control individuais sobre  exercicios prácticos cuxa cualificación pasará a formar parte do cartafol/dossier.

  Modalidade de avaliación presencial para non asistentes con regularidade

O alumnado que opte por non asistir ás clases, tanto teóricas como prácticas, ou non poida, ou pretendendo ser estudante presencial teña máis do  20% de ausencias tanto na parte teórica como parte práctica, terá que demostrar  o coñecemento dos aspectos procedementais e actitudinais da materia. Nesta modalidade, a avaliación e a superación da materia virá determinada polo exame final teórico-práctico (convocatoria oficial) e pola presentación do caderno-dosier de actividades teórico-prácticas e polo traballo de necesidades, que haberá que presentar na data de exame da convocatoria oficial.

A puntuación destas partes será do 50% para o exame teórico-práctico, 30% para o caderno-dosier e ó 20% para o traballo de necesidades.

A principios de curso, a profesora entregaralle ao estudantado que opte por esta modalidade de avaliación un documento coas actividades do caderno-dosie.  Estes/as estudantes están obrigados/as a contactar coa docente a principios de curso para comunicarlle a súa elección por esta modalidade de avaliación.

O alumnado desta modalidade poderá estudar a parte teórica da materia a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba dar resposta aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvolvidos ao longo do curso e que pode adquirir a través de textos existentes na biblioteca e dos apuntamentos de clase.

Engadir que a superación da materia, tanto para estudantes presenciais con asistencia regular como para os non asistentes con regularidade  , implica puntuar en cada un dos criterios de avaliación establecidos - como mínimo- o 50 % da puntuación indicada.


Convocatorias seguintes

As competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo.
Tanto para o alumnado da modalidade presencial asistentes con regularidade como para os non asistentes con regularidade, en  caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaránselles as notas da parte teórica (exame) ou práctica (traballos tutelados, presentacións, caderno etc.) superadas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000