Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa nas condutas aditivas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Consistirán en sesións eminentemente prácticas desenvolvidas na aula (Role playing, Philips 6.6, estudo de casos, reestructuración cognitiva, etc.). relacionados coas temáticas da materia. Controlarase a asistencia.
5
Sesión maxistral Avaliaranse as 2-4 sesións de exposicións dos traballos tutelados do alumnado. Para a avaliación terase en conta as competencias de comunicación oral e o rigor a hora de presentar o traballo realizado polo alumnado. Controlarase a asistencia en todas as sesións maxistráis.
5
Traballos tutelados
O alumnado realizará traballos, individuais ou en pequenos grupos que serán tutelados polo docente. Estes traballos serán expostos ao gran grupo nas derradeiras sesións maxistráis.
30
Probas de tipo test Consistirá nunha proba obxectiva de opción múltiple de resposta. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 

REQUISITO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:


O alumnado deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nas tres primeiras semanas, facendo constar expresamente a modalidade elixida (asistente versus non asistente), o que implica contactar necesariamente co profesorado a principios de curso para comunicarlle a súa elección e poder ser convenientemente avaliado.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Terán a consideración de non asistentes, aqueles alumnos/as que non teñan acadado o 80% da asistencia as sesión presenciais, ou ben aqueles que antes da primeira semana de novembro non houbesen notificado a o profesor a modalidade de asistencia elixida. Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes criterios, sendo obrigatorio para a superación da materia, ter participado, alomenos, nos dou primeiros apartados, dos catro que a continuación se describen, e obter a cualificación final superior a cinco, como resultado da aplicación da seguinte formula:



PF= ne + p + rt + pv


PF = Puntuación final na asignatura.


ne = Nota examen.


p = Cualificación da práctica.


rt = Revisión teórica sobre un tema.


pv = Puntuación na práctica voluntaria.


1. Proba obxectiva: Ata 10 puntos, debendo o alumno/a acadar un mínimo de 5 puntos para superala asignatura (a nota total suporá o 60% da cualificación da asignatura).


2. Traballo individual tutelado: Valorarase ata 2.5 puntos, sendo a nota mínima para aprobar a actividade o 1. Unha puntuación por debaixo de ésta suporá o suspenso na actividade e tamén na asignatura (a nota total suporá o 25% da cualificación do alumno).


3. Revisión teórica: ata .75 punto pola realización de un traballo teórico tutelado referido a unha temática relacionada co marco teórico-práctico da materia (a nota total suporá o 7.5% da cualificación do alumno).


4.Traballos voluntarios: ata 0.75 puntoa (a nota total suporá o 7.5% da cualificación do alumno), que unicamente se sumarán se o alumno obtén, alomenos as puntuacións mínimas nas actividades básicas de cualificación (proba obxectiva, traballo individual e revisión teórica).



SEGUNDA CONVOCATORIA: Para a convocatoria de xullo conservaranse as calificacións das competencias acadadas polo alumnado nas probas superadas na convocatoria de xuño. É dicir, na convocatoria de xullo examinaranse só das competencias/partes/probas non superadas na convocatoria anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000