Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación e animación sociolaboral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Sesións de traballo con apoiatura de textos e documentos tanto videográficos, escritos ou hipertextuales. Concíbense como unha estratexia complementaria que serve de soporte e reforzo ás clases maxistrais, posibilitando unha comprensión máis plena e profunda dos temas ou núcleos de contido que o docente introduza por medio da lección maxistral.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Concíbense como traballos de iniciación á investigación. Serán realizados de xeito individual ou en pequenos grupos (non superiores a 4 persoas) e a súa finalidade consiste en afondar no coñecemento dun determinado tema polo que os e as estudantes se sentan atraídos e que estea relacionado cos contidos da materia.
Prácticas autónomas a través de TIC Concíbense tamén como traballos de iniciación á investigación, A súa característica diferenciadora será a procura da información e presentación do traballo a través das TICs.
Sesión maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de xeito expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a. O/a profesor/a centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000