Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Educación permanente
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado. Ata 25
Traballos tutelados O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... Ata 25
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Ata 25
Probas de resposta curta Avaliación dos resultados da proba realizada. Ata 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Avaliación dos procesos e resultados de aprendizaxe. Criterios de avaliación da materia para o alumnado matriculado na materia.


(Ante situacións imprevistas estes procesos poden flexibilizarse).



-Prégase obrigatoria a entrega á profesora da ficha persoal, coa foto correspondente, durante  a primeira quincena de clase, (notificando a metodoloxía a seguir). Isto significa o compromiso serio e formal coa materia dende o inicio do cuadrimestre. En caso de non presentarse no prazo fixado, entenderase que o alumnado non se presenta a esa convocatoria. A modo excepcional e xustificado (con xustificante acreditativo de traballo) o alumnado que non asista a materia seguirá outra metodoloxía marcada e establecida dende o inicio do curso, os quince primeiros días, consensuado coa profesora e seguindo as titorías básicas.


-É imprescindible, constituír nos primeiros días do cuadrimestre os grupos de traballo, para o bo desenvolvemento das intervencións educativas: traballos, talleres, etc. (En caso de existir algún problema xustificado como xa se especificou anteriormente, dentro dos primeiros días do inicio da materia, se contemplarán opcións individuais, consensuadas previamente coa profesora). O seguimento procesual destas intervencións pedagóxicas orientarase dende o inicio da materia, así como o modo de exposición ao grupo-clase, a través dassesións de titoría establecidas pola profesora. Nestas sesións de titoría farase constancia da implicación do alumnado na materia, xa que se orientará detidamente o modo de traballo e se aclararán as posibles dúbidas xurdidas ao longo do cuatrimestre. Distribuindo e orientando o material específico.


-Pasos que hai que ter en conta nos traballos de grupo e individuais:constitución de grupos de traballo, elección dos temas, calendario xeral de exposicións, seguimento do traballo a través de titorías mantidas entre o grupo correspondente e a profesora, tanto a exposición oral como a presentación teórica, así como aqueles elementos de valoración da exposición do traballo. De aí que o seguimento titorial é obrigatorio e beneficioso para o alumnado.


-Á hora deentregar os materiais fixados e traballados polo alumnado durante o cuatrimestre (rexistros varios, artigos, comentarios de libros, traballos de grupo, materiais informáticos, etc.) recoméndase o seguinte:


-O cumprimento dos prazosde calendario establecidos para presentar os materiais. Ditos materiais entregadosseránorixinais(non fotocopias nin baixados de internet directamente. Se precisa unha reflexión e traballo previo dos mesmos).


-O coidado da expresión escrita e a coherente descripción das reflexións realizadas.


-A referencia completa das fontes documentais (libros, revistas, prensa, lexislación, webs, etc.), aténdose ás normas bibliográficas internacionais APA (ver web correspondente): autor/a, ano, título, lugar, editorial, número de edición.


-Na portada dos traballos figurarán os seguintes datos: título, nome e apelidos, universidade, facultade, titulación, campus, materia, profesora, curso, ano académico, etc.


-Nalgunha fotocopiadora próxima a esta Facultade, elexida polo grupo-clase, iranse depositando os materiais-base de traballo relacionados coa materia. Ademáis de Faitic.


-O uso do correo electrónico é para solucionar cuestións puntuais e extraordinarias (fáciles de solventar mediante esta vía). Intentarase responder no plazo mais breve posible. Sempre que sexan correos con Asunto encabezado e dentro dos plazos establecidos. Non se atenderán correos en época non lectiva.


-O uso do móvil, o respecto, a escucha na aula, o saber comportarse (na aula non é un espacio para comidas e bebidas),…. son requisitos imprescindibles que forman parte da formación universitaria e da ciudadanía.


     



 1. Criterios específicos de avaliación para alumnado asistente:


         Concedemos a este proceso avaliativo o carácter de inicial, continuo, formativo e sumativo. Para iso establecemos os  catro seguintes pasos obligatorios a cumplir:


         1.- Asistencia e participación nas sesións metodolóxicas de clase, teóricas e prácticas (lectura de textos recomendados e implicación en diversas actividades programadas e desenvolvidas). Concretaranse días de presentación e análise dos materiais reflexionados (lectura, análise e comentario de textos traballados). É básica a puntualidade as sesión de clase.


Nota  importante: o alumnado que, por motivos xustificados non poida asistir a algunha sesión de clase concreta, deberá suplir dita ausencia mediante un traballo personal do realizado ese día na aula.


Valoración 2,5 puntos.


         2.- Traballo de grupo e material informático confeccionado. Elaboración e presentación de intervencións educativas, é dicir, a elaboración dun programa de intervención pedagóxica sobre un tema relacionado coa materia. Este axustarase aos seguintes pasos: planificación, desenvolvemento e exposición, avaliación e retroalimentación. Estes temas concretaranse e consensuaranse durante as primeiras sesións de clase. Tamén se marcarán datas de exposición e entrega dos traballos. (Estes, unha vez presentados, non se devolverán. Recoméndase pois, quedar cunha copia  antes da súa entrega a profesora). Valoración 2,5 puntos.


         3.- Traballo individual. Lectura dunha obra literaria e a súa intervención pedagóxica, seleccionada polo alumnado. Presentarase por escrito, expoñendo a súa reflexión e vinculación con esta materia. Estableceranse prazos de entrega consensuados. Valoración 2,5 puntos.


         4.- Exame. As datas estarán expostas en zonas de información e webs sobre o calendario de exames nesta Facultade. É básica a puntualidade. Valoración  2,5 puntos.


         A superación da materia implica ter alcanzado en cada unha destes catro pasos  unha contribución mínima de 1,25 puntos. Se non se consegue esa puntuación, suponse que non se lograron os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.



-Non obstante, cada un destes pasos explicarase e consensuarase detenidamente durante as primeiras sesións de clase.


-A data límite de entrega dos materiais é o día e hora da celebración do examen.



2. Criterios específicos para alumnado non asistente con xustificación.


Cuestións importantes:


 


-O alumnado, que por motivos xustificados (traballo) desde o inicio do curso, os quince primeiros días, seguirá un sistema de titorización individualizado a partir de todo o exposto neste Programa da materia, se concretará a principios de curso, notificándoo na ficha personal tamén, coa profesora nas sesións de titoría presenciais correspondentes, establecéndose o seu seguimento durante o cuadrimestre.



-Este alumnado, suplirá el punto 1 da avaliación correspondente a Asistencia e participación elaborandoun Dossier o Memoria da materia con todo o material traballado na aula durante o cuatrimestre e seguindo as indicacións neste programa (ver contidos e esquema explicativo da traxectoria). Evidentemente, o resto dos puntos da avaliación tamén os deberá cumplir, e dicir, (2, 3 e 4). Todo isto previo consenso coa profesora en sesións de titoría e durante as primeiras sesións do inicio da materia. É moi importante ter en conta estas puntualizacións expostas para a superación desta materia.




 Avaliación do proceso docente



            1. Valoración do alumnado


O alumnado valorará a dinámica da materia, ben a través dun cuestionario elaborado expresamente pola profesora, e tamén a través da enquisa confeccionada por esta Universidade.


            2. Valoración do profesorado e decisións de cambio


Ante as suxestións de cambio manifestadas polo alumnado nestes cuestionarios, e tamén desde a traxectoria da materia no presente curso, a profesora prestará a debida atención, si procede, para mellorar e retroalimentar o novo enfoque desta disciplina de cara ao seguinte curso académico.


             




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000