Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Didáctica: Deseño e programación no ámbito socioeducativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valoración da defensa e da preparación da exposición dun traballo realizado en grupo polo alumnado. Ata 1 punto. Ata 10
Proxectos
Valoración a través da rubrica que a docente expondrá na plataforma Moodle. Ata 2 puntos.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios

Valoración a través da rubrica que a docente expondrá na plataforma Moodle. Ata 2 puntos.
20
Probas de resposta curta As preguntas serán referentes o programa da materia que a docente explicará nas sesiones maxistrales. Ata 5 puntos. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASITENTE (con, polo menos, unha asistencia do 70% equilibrada nos diferentes tipos de sesións):

- A data tope para a entrega das diferentes actividades, proxecto, exposición, etc. será comunicada oportunamente pola profesora, e entregásense no e-portafolio da plataforma Moodle. Tamén se entregará unha copia en CD ou DVD dos traballos que se presentaron na plataforma (como copia de seguridade). Para o alumnado de avaliación continúa o desenvolvemento do traballo con todas as metodoloxías sinaladas é obligatorio, así como acudir a clase regularmente (polo menos ao 80% das sesións). O non cumprimento destes extremos conlleva non ser cualificado a través da avaliación continua.- Aqueles estudantes que non acudan a clase con regularidad, considéranse alumnos non presenciales e deberán realizar os traballos e proxecto de forma individual e non se considerará avaliación contínua.- O alumnado asistente deberá cubrir unha ficha digital, que incluirá na súa e-portafolio, cos datos persoais e académicos.

ALUMNADO NON ASITENTE.

- O alumnado non asistente deberá concretar coa profesora os traballos/materiais/etc. a realizar, como máis tarde, no mes de abril e facer a súa entrega o mesmo día en que realice o exame oficial da 1ª ou 2ª convocatoria.

- As datas de realización do exame oficial serán as que figuran e o calendario de exames da Facultade.

- O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho da profesora responsable e/ou na Plataforma Moodle. A data de revisión sinalarase no listado de cualificacións exposto.

OBSERVACIÓN:

Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumnado na materia, concibíndose con certa flexibilidad; en consecuencia, pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevenidas. Así mesmo, aportarase ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000