Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Social
 Subjects
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Assessment
  Description Qualification
Sesión maxistral A profesora exporá oralmente co apoio de recursos, medios audiovisuais e TIC os temas centrais do contido da materia. Asemade, introducirá preguntas dirixidas a formulación dalgunha actividade coa finalidade de facilitar a aprendizaxe activa. Destas sesións valorarase a implicación dos estudantes a través da participación na dinámica da aula e a fundamentación axeitada na que se apoia a realización das referidas actividades e a proxección práctica amosada.
É requisito facer a entrega en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo sinalado oportunamente. Ata 1,3 puntos.
Ata 13
Actividades introdutorias A través dunha análise reflexiva, o alumnado relatará o seu contacto e experiencia coas TIC no plano académico e persoal, co obxecto de aproximarnos aos coñecementos, habilidades, destrezas, etc. previas das que dispón como punto de partida para determinar a orientación das prácticas de laboratorio para grupo aula.
É requisito facer a entrega en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo apuntado no seu momento.
Na cualificación terase en conta, principalmente, o nivel de reflexión e análise plasmado neste relato. Ata 0,25 puntos.
Ata 2,5
Prácticas de laboratorio O alumnado desenvolverá o groso das respectivas práctica de laboratorio ante a presenza da profesora na aula, implicándose oportunamente na marcha da clase. Este seguimento pola profesora faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración das prácticas dentro da aula. Nesta observación semanal feita de xeito sistemático, terase en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas pola profesora combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo apuntado no seu momento pola profesora. Ata 5 puntos.
Ata 50
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado, en pequenos grupos, dun traballo sobre un tema da materia concretado ao inicio coa profesora. O seu desenvolvemento estará dirixido, fundamentalmente, a ampliar os contidos de tipo teórico da materia enlazándoos oportunamente cos prácticos. Na sua realización e presentación participará todo o grupo e para a súa exposición apoiaranse en medios tecnolóxicos e dixitais con estratexias de tipo activa.
A entrega é requisito facela en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo concretado no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta a pertinencia da estrutura do traballo, calidade do contido exposto, así como o interés provocado no debate tanto por cada membro do grupo como no seu conxunto, e as posibles respostas as cuestions planteadas pola profesora. Ata 0,5 puntos.
Ata 5
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado desenvolverá de xeito individual e/ou grupal diferentes exercicios para ampliar os contidos teóricos da materia.
A entrega é requisito facela en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a realización destes exercicios ou problemáticas, a capacidade crítica e a proxección práctica amosada desde a oportnuna fundamentación. Ata 0,75 puntos.
Ata 7,5
Foros de discusión O alumnado participará nos foros que a través dos temas centrais da parte teórica da materia (ata 0,25 puntos) e da práctica (ata 0,25 puntos) proporá a profesora, así coma naqueles outros de iniciativa propia que estean relacionadas coa temática obxecto de estudo ou coas inquedanzas dos estudantes neste eido.
Esta participación é necesario realizala nos períodos que oportunamente se indiquen para cada tema.
Na sua cualificación terase en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a aportación e a capacidade crítica amosada, así como a súa posible proxección no campo profesional.
Ata 5
Traballos tutelados Unha vez concretado o tema de traballo en grupo, o alumnado pasaralle a profesora o borrador inicial, en función do calendario previsto, no que dará contas dun primeiro esbozo sobre o traballo realizado, co obxecto de profundizar no contido teórico da materia enlazando oportunamente co práctico.
Na súa cualificación terase en conta a implicación axeitada amosada como membro dun grupo e do traballo solicitado pola profesora ante o
asesoramento dado paola profesora de xeito presencial e/ou online. Ata 0,10 puntos.
Ata 1
Estudo de casos/análises de situacións Basearanse na análise de diferentes cuestións relacionadas coa parte práctica da materia.
A entrega é requisito facela en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta o nivel de análise amosada. Ata 0,25 puntos.
Ata 2,5
Traballos e proxectos O alumnado presentará o resultado final do traballo ou proxecto elaborado en grupo, co obxecto de interiorizar os contidos da parte teórica da materia entrelazándoos cos prácticos.
É requisito facer a entrega en formato impreso e dixital e dentro do prazo concretado no seu momento.
Na súa cualificación teranse en conta, principalmente, a estrutura, calidade do contido, capacidade crítico-reflexiva e creatividade amosada. Ata 0,15 puntos.
Ata 1
Cartafol/dossier O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento da profesora, un portafolio dixital (eporfolio) para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto na materia, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso.
É requisito facer a entrega en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento para cada contido desenvolto.
Para a súa cualificación terase en conta a coherencia e claridade da estructura, así coma a calidade técnico-didáctica acadada. Ata 0,5 puntos.
Ata 5
Informes/memorias de prácticas O alumnado desenvolverá en formato dixital un diario, baixo as indicacións da profesora que serán detalladas oportunamente.
O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado pola profesora. A entrega será en soporte dixital, e se fose necesario tamen impreso, na última semana do cuadrimestre.
Na súa cualificación considérase o grao de correspondencia coas pautas facilitadas pola profesora para a elaboración, a sua estrutura, calidade do contido e a extensión acorde. Ata 0,75 puntos.
Ata 7,5
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000