Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Teorías e institucións educativas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia, participación e realización das actividades propostas polo profesorado. 20
Traballos de aula Asistencia, participación e realización das actividades propostas polo profesorado. 10
Traballos tutelados A profesora orientará e fará o seguimento do traballo realizado en grupo (especificados na metodoloxía docente) e valorará o traballo final. 15
Presentacións/exposicións Ademais, da elaboración do traballo tutelado, avaliarase a presentación que se faga do mesmo na aula á profesora e os demais alumnos/as. 5
Probas de tipo test Realízase unha proba tipo test de todos os contidos abordados na materia. Para a puntuación final do exame teranse en conta os acertos e os erros (puntuando estes negativamente: dous erros descontan un acerto). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado non presencial: os/as alumnos/as non presenciais deberán falar coa profesora ao comezo do curso.

          A avaliación será:

                  - Proba tipo test: 70%.

                  - Traballo tutelado: 15%.

                  - Outras actividades complementarias: 15%.

Segunda convocatoria: no caso de superar unha das partes da materia conservarase a súa cualificación no mesmo ano académico. Deberá superarse a/as probas nas que non se obtivera unha cualificación mínima.

As datas de realización do examen final oficial serán as aprobadas na Xunta de Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

Esta guía docente explicita as liñas de actuación a desenvolver co alumnado da materia, entendida con certa flexibilidade; polo tanto, pode estar suxeita a algúns reaxustes puntuais.

.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000