Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Teorías e institucións educativas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias - Avaliación dos coñecementos previos do alumnado así como das súas inquedanzas.
- Presentación xeral da materia e a súa organización.
- Orientacións acerca da bibliografía.
Sesión maxistral -Síntese dos temas por parte do profesorado.
- Presentación de materiais básicos para o traballo de cada tema.
- Establecemento das pautas para: a preparación xeral da materia, a análise das lecturas obrigatorias, a realización de traballos e a exposición de traballos.
-Moderación de debates en grupos.
-Organización e revisión das actividades individuais e grupais realizadas na aula.
-Organización e revisión das exposicións dos estudantes diante da clase.
Seminarios -Traballo en profundidade dun tema (monográfico).
- Ampliación e relación dos contidos tratados nas sesións maxistrais.
- Lectura e comentario de textos.
- Visionado e comentario de material audiovisual.
- Debates.
Traballos de aula Os/as estudantes desenvolverán exercicios na aula baixo as directrices e supervisión da profesora. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do/a estudante.
Traballos tutelados Deberán realizar un traballo tutelado, que responda á parte de teorías educativas e consiste no estudo e análise dunha corrente educativa. Trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Presentacións/exposicións Intervención do alumnado baseada na exposición verbal apoiada, se procede, co emprego de recursos didácticos ou dos traballos tutelados que completan algún contido da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000