Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas externas Aplicación de diferentes probas para a análise do desenvolvemento cognitivo a nenos de entre 3 e 7 anos. 10
Obradoiros Aplicación e análise de materiais. Avaliarase a asistencia e a entrega dos resumos correspondentes. 10
Probas de resposta curta Control parcial a finais do mes de novembro (30%) e control parcial no mes de xaneiro (30%) correspondendo co exame final. O alumnado que non superase o primeiro control examinarase de toda a materia no exame final. 60
Cartafol/dossier Dossier que recolle todas as prácticas e traballos realizados durante a materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se presente á 2ª convocatoria realizará o exame de resposta curta coa data prevista e presentará o cartafol con todas as prácticas da materia (prácticas de aula, prácticas externas, traballos e resolución de casos prácticos).


O alumnado que xa superase unha parte (teórica ou práctica) só se examinará na 2ª convocatoria da parte suspensa.


O alumnado non asistente ás clases presenciais terase que pór en contacto co profesor antes do 15 de outubro para acordar o sistema de titorización das prácticas externas, obradoiros, elaboración do cartafol e explicación do exame, así como o seguimento do progreso da materia. Esta titorización poderá ser presencial, telefónica ou por e-mail.


A ponderación da avaliación dos alumnos non asistentes será igual á dos alumnos asitentes, cambiando a metodoloxía dos obradoiros para adaptarse ás circunstancias persoais e favorecer así o proceso de ensino aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000