Traballos de aula |
Os alumnos deberán entregar a unidade didáctica elaborada en grupo na aula
|
25 |
Aqueles/as alumnos/as que non poidan asistir regularmente a clase e, por tanto, non poidan seguir o sistema de avaliación continua exposto anteriormente, serán avaliados/as conforme ao seguinte sistema:
- Deberán elaborar individualmente unha unidade didáctica sobre un tema que lle indicará o profesor, que suporá o 25% da cualificación final.
- Deberán entregar un resumo dos temas que figuran no programa, que suporá o 50% da cualificación final.
- Na data prevista no calendario de exames deberán expor un dos temas que previamente resumiron, elixido por sorteo, que suporá o 25% da cualificación final.
Este mesmo sistema de avaliación aplicarase aos/as alumnos/as que non superen a materia e deban acudir á segunda convocatoria. |