Sería recomendable unha iniciación mínima no idioma francés e coñecementos previos a nivel de bacharelato, ou nivel A1 segundo o Marco Común Europeo para o estudo das linguas. En todo caso pódense reforzar os coñecementos do idioma e elevar o nivel a través de cursos na escola de idiomas, da UNED e noutros estamentos e medios dos que se dispón na actualidade a nivel autónomo como son as metodoloxías que se poden atopar en internet e as páxinas web especializadas na aprendizaxe das linguas estranxeiras. |