Os obxectivos desta materia son lingüísticos e literarios. A disciplina está concibida para profundar en coñecementos lingüísticos non impartidos en cursos anteriores (historia da lingua e lingua e sociedade, fundamentalmente) e para fornecerlle ao alumnado os rudimentos necesarios para a comprensión e análise de textos literarios e / ou prosísticos. Esta materia proporcionará ao futuro docente coñecementos científicos, estratexias e recursos para favorecer o seu labor como docente. Ademais adquirirán un maior desenvolvemento nas destrezas básicas: lectura (comprensión, ritmo, dicción), expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e expresión escrita (corrección, cohesión, propiedade).