Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas que poderán incluír actividades como: execución individual ou en grupo de pequenas pezas, prácticas na aula de informática, deseño de actividades para implementar na aula... 20
Traballos e proxectos Traballo e exposición en pequeno grupo dun traballo sobre os contidos da materia. 20
Probas de resposta curta Preguntas de resposta curta, e de carácter práctico, onde o alumnado deberá demostrar que adquiriu unha serie de contidos básicos sobre a linguaxe musical. 20
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre os materiais traballados na aula durante as sesión prácticas, sinalando para cada un deles que contidos se traballan e indicando posibles aplicacións prácticas a desenvolver en Educación Primaria 30
Observación sistemática Implicación activa na dinámica das clases (participación, actitude…) 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE
AVALIACIÓN:



Para superar
a materia, tanto na modalidade presencial como na non presencial,  será preciso que os estudantes obteñan en
todas e cada unha das partes avaliables, polo menos un 50% da súa cualificación total.



A nota final
virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo
preciso superar cada unha delas illadamente.

Aplicaranse
dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado Asistente e o Non
Asistente.

O alumnado
que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia en
calidade de Asistente deberá poñerse en contacto coa profesora nos primeiros
días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser
convenientemente avaliado.

Do mesmo
modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do
80% das sesións teórico-prácticas será considerado para todos os efectos como
Non Asistente.

O alumnado
deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres
semanas facendo constar expresamente a modalidade pola que opta.



   * Modalidade presencial: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos
distintos apartados especificados no cadro superior, sendo preciso ter
superados cada un deles illadamente.



 * Modalidade
non presencial: Os
alumnos/as non asistentes, ademais das probas citadas, realizarán un exame
práctico relacionado coas competencias da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada do seguinte xeito:

  • Exame práctico, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. 30%
  • Traballos e proxectos (individuais): 20%
  • Probas de resposta curta: 20%
  • Cartafol/dossier: 30%
Do mesmo xeito que na modalidade Presencial, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo preciso superar cada unha delas illadamente, obtendo polo menos un 50% da súa cualificación total.


SEGUNDA CONVOCATORIA:



De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada, tanto na modalidade presencial como na non presencial.

Toda a
información necesaria para superar a materia se encontra na plataforma TEMA a
disposición dos alumnos/ás.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000