Traballos tutelados |
Realización de traballos, comentarios ou recensións. |
20 |
Cartafol/dossier |
O alumnado deberá realizar un seguimento das actividades de aula e trasladalo a un documento xeral que recolla os contidos tratados na materia xunto coas súas achegas persoais. |
10 |
O alumnado deberá comunicar ao profesor por cal dos dous procesos de avaliación vai optar na primeira quincena do curso, agás no caso do alumnado que perda o dereito á avaliación continua por faltas de asistencia. Calquera outra circunstancia, deberá ser comunicada ao profesor para os efectos da avaliación.
Avaliación continua para o alumnado asistente. Realizarase segundo os seguintes parámetros:
1. Asistencia e participación en clase: 10%. (1 punto) 2. Traballos tutelados individuais ou colectivos, que poden tratar do comentario dun libro: 20%. (2 puntos) 3. Cartafol: 10%. (1 punto) 4. Proba escrita na que se desenvolverán subtemas do programa: 40% (4 puntos) 5. Proba escrita de resposta curta: 20% (2 puntos)
Para obter unha cualificación positiva o alumnado deberá conseguir o 50% en cada dos apartados.
O alumnado asistente que non supere o proceso de avaliación continua deberá realizar unha proba extraordinaria seguindo as instrucións do profesor coa finalidade de traballar aqueles contidos non superados e conseguir as competencias a eles asociadas.
Avaliación de non asistentes. Terán a consideración de non asistentes aqueles alumnos/as que non consigan o 80% da asistencia. A ficha con foto e datos persoais deberá ser entregada ao profesor nas dúas primeiras semanas de clase. Para a superación da materia deberá conseguirse o 50% de todos os apartadados sinalados na avaliación. A avaliación común e extraordinaria para o alumnado non asistente consistirá en:
1. Cartafol que conterá un desenvolvemento de varios subtemas do programa. 2 puntos. 2. Traballo individual programado co profesor que consistirá no desenvolvemento dun suposto teórico ou práctico: 2 puntos. 3. Proba escrita que consistirá no desenvolvemento desubtemas incluídos no temario: 6 puntos.
IMPORTANTE: No caso de superar algunha das partes da materia conservarase a cualificación para o mesmo curso académico, debendo superar unicamente as probas nas que non se obtivera a cualificación mínima sinalada máis arriba. |