Descrición xeral |
O Traballo Fin de Grado (en adiante TFG) estará orientado a que o alumnado amose a capacidade de
integración dos diversos contidos formativos e competencias asociadas ao título de Graduado en Educación Infantil.
Para poder matricularse no TFG será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudios. Para a súa avaliación o alumnado debe ter aprobadas previamente todas as restantes materias do título. |