Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
20%
Traballos de aula Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deber dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia.
20%
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha responsa extensa.
40%
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, amosar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes, para superar a materia, deberán ter obtido o 50% de todas e cada unha das catro probas que integran a avaliación.No caso de que non superasen algunha das catro probas e, especificamente as competencias non adquiridas da materia, serán avaliados na segunda convocatoria durante o mes de xullo.Aqueles estudantes que, por causa xustificada no comezo do curso académico, non poidan asistir regularmente ás clases teóricas, prácticas, actividades e exercicios que se desenvolverán nos espazos docentes destinados ás tarefas determinadas, deberán realizar, obrigatoriamente, as mesmas actividades e tarefas dos asistentes e no mesmo prazo sinalado a tal efecto;As porcentaxes asignadas ás probas para os alumnos non asistentes serán exactamente as mesmas que as indicadas para os estudantes asistentes.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000