Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio
Adquisición de habilidades básicas e procedimentais e procura de información relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense no laboratorio de idiomas.
20
Traballos tutelados
O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Usualmente trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a procura e recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e/ou exposición oral.
20
Presentacións/exposicións
Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo
20
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos no aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante.
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais desta materia deberán poñerse en contacto coa profesora para pactar con ela un programa de traballo individualizado.


Segunda convocatoria: Aqueles alumnos que non superen/non se presenten á primeira avaliación deberán presentarse a unha proba escrita (en inglés) de resposta longa, e a unha proba oral que consistirá nunha entrevista persoal, levada a cabo en inglés e dunha duración de aproximadamente 10 minutos. Estas probas versarán sobre os contidos da materia e cada unha delas puntuará o 50% da nota final.


As actividades non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas na nota final.


Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non a clase, o alumno gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000