Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudos/actividades previos Lectura e realización de exercicios. É unha actividade que se levará a cabo de forma autónoma por parte do alumnado.
Prácticas de laboratorio Adquisición de habilidades básicas e procedimentales e procura de información relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense no laboratorio de idiomas.
Traballos tutelados O estudante, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia. Usualmente trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a procura e recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e/ou exposición oral.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo.
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos no aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a asignatura.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de xeito autónomo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000