Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Presenciais
Semipresenciais
25
Traballos de aula Presenciais: 15%
Semipresenciais: 5%
15
Traballos tutelados Todo o alumando 20
Probas de resposta curta Presenciais: 40%
Semipresenciais: 50%
Non presenciais: 80%
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 


1. A asistencia e participación nas actividades de clase teóricas e actividades prácticas


2. A realización dun traballo monográfico e a aprendizaxe en grupo.


3. A resolución de cuestións e problemas prácticos que se recollerán nun dossier ao final do cuatrimestre.


4. A realización dun ejercicio escrito, a final de cuatrimestre, que consistirá nunha proba breve sen material.


Criterios de avaliación:


Criterios de avaliación de carácter xeral


Precisión conceptual cun nivel de adecuación e profundidade pertinente.


Asistencia, participación activa e implicación no desenvolvemento das actividades realizadas.


Colaboración no traballo realizado na clase teórica e nas actividades tuteladas.


Realización dunha proba escrita ó final do cuatrimestre.


Criterios de avaliación de carácter específico


Teoría


Precisión e dominio conceptual, nivel de análise crítico-reflexivo, amplitude e adecuación dos contidos abordados.


 Coñecemento asentado e razoado de criterios didáctico-organizativos de aplicación no proceso de ensino-aprendizaxe co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.


Prácticas de aula.


Asistencia e desenvolvemento das prácticas.


Extensión, adecuación das actividades prácticas


Plantexamento e resolución de problemas e cuestións de investigación de forma creativa


Traballo grupal


Orixinalidade, contido desenrolado e claridade expositiva


Enxuizamento crítico fundamentado de problemas extraidos da práctica en relación ás necesidades específicas de apoio educativo.


Neste sistema de avaliación teranse en conta ás diferentes características persoais e profesionais do alumnado. Para elo, a principio de curso (a primeira quincena de clases), os alumnos matriculados deberán entregar ficha e elexir a opción (de entre as seguintes) ca que desexan ser avaliados


As actividades non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.


 


Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non a clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000