Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Exercicios, traballos e actividades realizadas na aula baixo as directrices ou supervisión dos docentes. Pode estar vinculada ao desenvolvemento de actividades autonomas do estudante. 10
Presentacións/exposicións Exposición, por grupos, diante do grupo mediano, e despois, por escrito, ao profesor, dos resultados da valoración de tres alumnos/as de educación infantil (3,4 e 5 anos), utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar posibles déficits no desenvolvemento de un alumno/a e actuar en consecuencia. 20
Traballos tutelados O estudante presenta no grupo pequeño oralmente, e logo ao profesor por escrito, exercicios adaptados ao alumnado de educación infantil, elaborados a partir das lecturas propostas polo profesor. 20
Outras Traballo autónomo tutelado relacionado cos contidos da materia 30
Cartafol/dossier Carpeta que inclúe de forma sistematizada un conxunto de documentos e evidencias realizados polos estudantes de xeito individual e colectivo que son indicadores de cal foi o seu traballo respecto a un proxecto de traballo determinado, na que debe mostrarse dominio abondo dos contidos, relacións significativas entre os contidos e debe estar expresada de xeito sistematizado e coherente. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de Xullo, únicamente se avaliarán as competencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuadrimestre.


No caso de que algún estudante non poida ser obxecto dunha avaliación continua, nin o seu traballo poida ser titorizado polo docente, realizará unha proba sobre os contidos teóricos, que suporá o sesenta por cento da cualificación final, e outra sobre os contidos prácticos, que representará o corenta por cento da cualificación final. Para superar a materia será preciso que en cada unha das partes (teórica e práctica) acade un cincuenta por cento da cualificación establecida para cada parte.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000