RECOMÉNDASE:
1) Asistencia continua ás sesións de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamentalmente para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais. Máis de 3 faltas supón a presentación obrigatoria do alumno/a ao exame práctico da materia. 3 ou menos faltas terán que recuperarse do modo acordado coa profesora.
2) Dominio da informática a nivel usuario, o que supón o manexo de aplicacións de carácter xeral (por exemplo, un tratamento de textos, unha base de datos e un programa de presentacións), do correo electrónico e Internet.
3) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no eido educativo.
4) Que o alumnado non asistente o comunique o antes posible para determinar as alternativas metodolóxicas e de avaliación que se van seguir.
|