A proposta docente que se presenta pretende, antes que nada, habituar aos estudiantes ao manexo correcto do vocabulario e os conceptos propios do ámbito curricular. Non se trata, polo tanto, de memorizar definicións ou nomes e datas senon de comprender con claridade o significado dos términos e nocións que servirán de material de traballo nesta e noutras materias do bloque.
Vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas. Os nenos e nenas pequenos precisan de mestres e mestras que saiban traballar cun estilo comprometido e alegre capaz de xerar neles ilusión por aprender cousas novas; que saiban ir abríndolles camiños novos no seu desenvolvemento. É por iso que daremos moita importancia, a través da escritura, á forma en que cada estudiante vive e sinte no mundo da infancia.
As clases desta materia contarán co apoio dos materiais que a disposición do alumnado estarán na plataforma de teleformación TEMA.
Seguindo a filosofía BYOD ("bring your own device"), poderanse traer ás clases aqueles dispositivos móbiles (tablets, smartphones, ipods, etc) que o alumno/a considere relevantes no seu proceso de ensino-aprendizaxe. |