Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula neste apartado tomaranse en consideración a participación nas actividades de clase, as entradas ao blog e os comentarios a entradas doutros compañeiros, os resúmenes e comentarios incluidos no cuaderno de clase.
25
Prácticas externas
Tomaranse en consideración neste apartado as prácticas que se organicen en aulas de educación infantil . Tambén as aportacións voluntarias dos estudiantes sempre que estas teñan que ver coa temática da materia: asistencia a Congresos, participación en actividades con nenos pequenos, etc., que deberán estar debidamente xustificadas.

10
Traballos tutelados
Neste apartado tomaranse en consideración os traballos ou informes, individuais ou en grupo, que se vaian realizando ao longo do curso baixo supervisión dos profesores. Tamén a defensa pública deses traballos se así fora solicitado.

25
Probas de tipo test Neste apartado tomaranse en consideración os resultados na proba ou probas que se vaian realizando ao longo do curso. PARA APROBAR A MATERIA será preciso ter acadado, a lo menos, un 2 neste apartado. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para pasar satisfactoriamente a materia recoméndase asistir ás clases. Asemesmo, é requisito ter aprobada a proba de teoría, que consta de duas partes unha de tipo test e outra de desarrollo dunha pregunta longa, para poder sumar as puntuacións do resto das probas/actividades obxecto de avaliación.


Aquel alumnado que por circunstancias xustificadas non poida asistir regularmente ás clases deberá comunicarllo ao profesorado durante o primeiro mes de clases. A avaliación a adoptar con este será a realización dunha proba teórica dos contidos da materia (70%) e dun traballo práctico tutelado (30%). Ao igual que no caso anterior, é requisito ter aprobada a proba teórica para poder sumar a nota do traballo práctico tutelado.


As competencias non adquiridas na convocatoria de xaneiro (1º periodo) poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. Neste caso, manterase a nota das probas/actividades xa superadas ata esta segunda convocatoria.


Este documento é unha declaración de intencións sobre o traballo do alumnado na materia, polo que a información aquí contida ten carácter orientativo e pode sufrir lixeiras modificacións derivadas do consenso co grupo clase ou circunstancias imprevistas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000