A innovación é unha disciplina que deben practicar todas as empresas, independentemente da súa dimensión ou do sector onde compitan. Alén de ideas, creatividade, motivación, pensamento lateral ou xeración de novas propostas (temas abordados en outras materias), para realizar innovación eficaz é necesario efectuar unha dirección estratéxica desta e implantar na empresa os instrumentos de xestión necesarios para poder responder á complexidade e á incerteza estrutural en que desenvolve, na actualidade, a súa actividade a empresa.
Obxectivos da materia:
- Identificar oportunidades de innovación e definir plans de acción que axuden a implantar as oportunidades detectadas.
- Coñecer as diferentes estratexias de innovación tecnolóxica nas organizacións e apoialas nos procesos de transferencia de tecnoloxía.
- Coñecer todos os aspectos básicos que comprende a xestión da innovación nas organizacións nos aspectos de produtos/servizos e procesos.
- Estar capacitados para asesorar ás empresas na aplicación de técnicas de innovación.