Nun entorno empresarial cambiante adquiren especial importancia os sistemas de control de xestión entendidos como unha ferramenta que facilita a implantación da estratexia empresarial e o máximo aproveitamento dos recursos ao dispor da empresa. Isto é aínda máis claro nun contexto de creación, dirección e innovación empresarial onde resulta imprescindible avaliar o rendemento empresarial non exclusivamente con criterios financeiros e alinear os recursos empresariais coa estratexia previamente definida.