Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Dirección de persoas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de avaliación continua. Deberase entregar unha serie de casos prácticos que se realizarán ao longo do curso, tanto de forma individualizada como conxunta. 20
Presentacións/exposicións Proba de avaliación continua. Realizaranse unha serie de presentacións durante o curso de traballos propostos polo docente.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para avaliar o coñecemento teórico-práctico por parte do alumnado en relación á materia. 60
Cartafol/dossier Elaboración dun portfolio onde se recollerán parte dos traballos realizados ao longo do curso, así como outros materiais. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación establecida anteriormente é para o alumnado que opte por realizar AVALIACIÓN CONTINUA . A nota que obteñan das probas gardarase para as convocatorias dese mesmo ano académico. Para realizar media co resto de notas, débese acadar o 50% na proba de resposta longa.


Para o alumnado que opte por NON REALIZAR AVALIACIÓN CONTINUA, deberá presentarse con todo o material na data oficial da proba establecida no calendario escolar dese cuadrimestre. A proba será de carácter teórico-práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000