Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Sistemas de soporte ao negocio electrónico
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación da asistencia a clases
10
Prácticas de laboratorio Avaliación da asistencia a clases. Para a contabilización dunha asistencia poderá esixirse completar as tarefas previstas na sesión. 10
Probas de tipo test Preguntas tipo test para cada tema da materia 40
Traballos e proxectos Avaliación da calidade dos traballos individuais ou colectivos. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES.

Os estudantes que por motivos documentalmente xustificados (laborais, imposibilidade demostrada de desprazamento diario a Ourense, problemas de saúde, etc) non poidan realizar con normalidade as actividades do sistema de avaliación por defecto, poderán acollerse a un sistema de avaliación para non asistentes, que consistirá en:


  • Exame teórico que recollerá os contidos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula. (60%)

  • Exame práctico acerca dos problemas e casos realizados durante o curso. (40%)

Os estudantes que cumpran as condicións para a avaliación de non asistentes o deberán comunicar ao profesorado responsable da materia ao inicio do cuatrimestre, aportando as evidencias documentais necesarias, e en todo caso no momento en que se manifeste a situación que faga necesario este sistema de avaliación.

SEGUNDO PERIODO (Xullo)

a) Segundo periodo para asistentes.

Realizaranse diversos tipos de exame, segundo os resultados obtidos polo estudante nas diferentes metodoloxías de avaliación. Poderanse pedir a repetición das probas de presentacións/exposicións e a entrega de traballos e proxectos aos estudantes que non as entregaran, ou non chegaran á calificación mínima esixida.

b) Segundo periodo para non asistentes.

Utilizarase a mesma metodoloxía de avaliación que na primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000