Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Aspectos legais de TICs
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, as súas bases teóricas xerais. As sesións maxistrais deben complementarse co traballo autónomo do alumnado, mediante o estudo polo miúdo dos aspectos introducidos nas sesións presenciais. Para iso, facilitaranse materiais, ou daranse as correspondentes indicacións bibliográficas e de lexislación concretas.
Estudo de casos/análises de situacións Presentaranse problemas, supostos ou casos prácticos, para analizalos, razoalos, interpretalos e resolvelos xurídicamente. Así, o alumnado poderá adquirir e completar coñecementos, así como adestrarse no manexo das normas e institucións xurídicas aplicables.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000